Dúbida
@Dubida
Santiago de Compostela, España
Dúbida somos unha banda formada en Santiago de Compostela no outono do 2021. Fruto do periodo postpandémico, brota na terra compostelá unha nova banda que pretende ofrecer á xente música acompañada de moi boas vibras. Bebendo do funk, disco, soul, blues e rock entre outros estilos; aparecemos como un grupo onde se misturan as ganas de facer boa música e desfrutar dun ambiente moi agradable. Dania, Guti, Michu, Xoan e Bruno somos quenes integramos a agrupación.